Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Cerdido celebra este venres a actividade infantil “Baila e canta na granxa” no CEIP A Barqueira


• O show, correrá a cargo de Jorge Vázquez Méndez

• A actuación dará comezo ás 12:30 horas

O Concello de Cerdido organiza para este venres, 18 de novembro, a actividade infantil “Baila e canta na granxa” no CEIP A Barqueira.

A actuación, que correrá a cargo de Jorge Vázquez Méndez, ofrece un percorrido musical en directo polas canción máis populares da discografía infantil, como poden ser “A galiña Turuleta”, “Veo veo”, “O galo canta” e un montón de coreografías e bailes máis.